¿Quén somos?

A Asociación Fotográfica Galega PHOSGALICIA é froito da amizade dunha serie de fotógrafos, afeccionados e profesionais, que tras varios anos de xuntanza ó longo de toda a Comunidade Autónoma, deciden dar personalidade xurídica sen ánimo de lucro a dita agrupación.

Somos un conxunto de persoas de diferentes lugares de Galicia, de diversas idades e profesións, cuxo nexo de unión é a paixón pola fotografía en tódolos seus ámbitos.

A cámara fotográfica é a nosa principal ferramenta de traballo coa que gozamos, máis se cabe, cando nos mergullamos no patrimonio natural ou cultural da nosa Comunidade ou fóra dos límites da mesma.