Actividades

As actividades organizadas pola Asociación serán aprobadas, a proposta da Xunta Directiva, en Asemblea Xeral Ordinaria de forma anual e irán encamiñadas principalmente:
 
·         ó gozo da actividade fotográfica nos lugares previamente convidos
·         á elaboración de cursos e talleres de carácter formativo
·         á colaboración con entidades públicas e privadas có obxecto de divulgar o patrimonio natural e cultural da Comunidade Galega
·         á realización de exposicións fotográficas
·         á edición de material gráfico e literario
 
No Blog da Asociación temos o resumo das distintas actividades organizadas pola mesma.