Cómo asociarse

Podes presentar a túa solicitude de inscrición como socio pulsando na seguinte ficha, cubrindo a mesma cos teus datos persoais e achegando unha fotografía tipo carné para posteriormente envialo todo ó apartado de correos nº 2.083 do código postal 36208 de Vigo (Pontevedra), ou ben, podes escanala ficha, coa foto incluída, e remitila ó correo electrónico administracion@phosgalicia.org.

Cando fagas o ingreso en conta ou transferencia bancaria para pagar a cota de socio é necesario que fagas constar o teu nome e apelidos na mesma.